
Sala 2 (135 butacas)
Travesía Moreno, 3 — 15403 Ferrol (A Coruña) — 619 31 87 27
Ver mapa Trespés presenta:
Desgraciadamente, con cada verán, o monte en Galiza vólvese actualidade. Mais volverán as chuvias e todas esqueceremos eses territorios que ollamos desde as xanelas dos nosos coches cando imos pola autovía. Antes de que iso aconteza tes que ver este documentario. En todas as mans é unha aproximación á realidade do man-común, un mundo tan próximo como descoñecido. Unha realidade milenaria, única, que debe afrontar, tamén, un futuro. O documentario mostra a épica dunha vontade, loitar por mellorar os territorios que habitamos. Dous territorios, Galiza e Portugal, e unha realidade, os montes veciñais ou baldíos. En todas as mans é unha ollada aos seus habitantes na procura dun horizonte, que os territorios comunitarios que xestionan sexan xeradores de riquezas económicas, ambientais e sociais para os seus pobos. Descobre unha realidade que te vai conmover. Un mundo onde o futuro se conxuga en plural. Un futuro no que participemos e decidamos todas. Se aínda non viches En todas as mans, non deixes pasar esta ocasión de vir ter con nós.
Extras a la proyección:
-
Sorteo de 3 packs de camiseta + DVD entre as persoas asistentes a este evento.
-
Coloquio con Antonio Mesejo, de Montes do Cha. Manteñen unha loita por recuperar os seus montes veciñais na zona de Ferrol.
Evento celebrado con éxito. Se consiguió llegar al quórum mínimo de espectadores y el evento se confirmó y se celebró. ¿Cómo funciona?
-
Fueron
91
Actualizaciones
-
Trespés:
Só faltan 13 reservas para confirmar o evento en #Ferrol nos Cines Duplex e temos 11 horas. Axuden na difusión. Veña que vai!! -
Trespés:
De xeito excepcional, Screenly, co acordo do cine Duplex, vén de prolongar até o luns a posibilidade de realizar reservas para o evento. Estamos moi contentas de que isto poida ser así. Hai moita xente que está empurrando para que o documentario chegue a Ferrol. Abofé que será !! Agradécese toda difusión nestes días... -
Trespés:
Só faltan 20 reservas para confirmar o evento..e estamos a 34 horas do final da campaña. Animarvos a reservar, se aínda non o fixestes... e animarvos, a quen xa reservasedes, a que pensedes nalgunha persoa próxima, que poda ter interese e que aínda non coñece a iniciativa, e que a animedes a que veña tamén. Agradécese toda difusión nesta recta final..veña, vémonos o 29 en Ferrol !! -
-