
Sala 2 (124 butacas)
Vía Norte, 22 — 36204 Vigo (Pontevedra) — 986 22 75 13
Ver mapa Trespés presenta:
Desgraciadamente, con cada verán, o monte en Galiza vólvese actualidade. Mais volverán as chuvias e todas esqueceremos eses territorios que ollamos desde as xanelas dos nosos coches cando imos pola autovía. Antes de que iso aconteza tes que ver este documentario. En todas as mans é unha aproximación á realidade do man-común, un mundo tan próximo como descoñecido. Unha realidade milenaria, única, que debe afrontar, tamén, un futuro. O documentario mostra a épica dunha vontade, loitar por mellorar os territorios que habitamos. Dous territorios, Galiza e Portugal, e unha realidade, os montes veciñais ou baldíos. En todas as mans é unha ollada aos seus habitantes na procura dun horizonte, que os territorios comunitarios que xestionan sexan xeradores de riquezas económicas, ambientais e sociais para os seus pobos. Descobre unha realidade que te vai conmover. Un mundo onde o futuro se conxuga en plural. Un futuro no que participemos e decidamos todas. Se aínda non viches En todas as mans, non deixes pasar esta ocasión de vir ter con nós.
Extras a la proyección:
-
Sorteo de 3 packs de camiseta + DVD entre as persoas asistentes a este evento.
-
Coloquio con Manuel Rodríguez. bombeiro e comuneiro na Comunidade de Montes de Teis. Protagonista do documentario.
Evento celebrado con éxito. Se consiguió llegar al quórum mínimo de espectadores y el evento se confirmó y se celebró. ¿Cómo funciona?
-
Fueron
116