
Sala 1 (199 butacas)
Avda. Doctor Otero Ulloa, 108 — 36913 Seixo, Marín (Pontevedra) — 986 70 25 99
Ver mapa Trespés presenta:
Desgraciadamente, con cada verán, o monte en Galiza vólvese actualidade. Mais volverán as chuvias e todas esqueceremos eses territorios que ollamos desde as xanelas dos nosos coches cando imos pola autovía. Antes de que iso aconteza tes que ver este documentario. En todas as mans é unha aproximación á realidade do man-común, un mundo tan próximo como descoñecido. Unha realidade milenaria, única, que debe afrontar, tamén, un futuro. O documentario mostra a épica dunha vontade, loitar por mellorar os territorios que habitamos. Dous territorios, Galiza e Portugal, e unha realidade, os montes veciñais ou baldíos. En todas as mans é unha ollada aos seus habitantes na procura dun horizonte, que os territorios comunitarios que xestionan sexan xeradores de riquezas económicas, ambientais e sociais para os seus pobos. Descobre unha realidade que te vai conmover. Un mundo onde o futuro se conxuga en plural. Un futuro no que participemos e decidamos todas. Se aínda non viches En todas as mans, non deixes pasar esta ocasión de vir ter con nós.
Extras a la proyección:
-
Sorteo de 3 packs de camiseta + DVD entre as persoas asistentes a este evento.
-
Coloquio con Iván Pérez. Presidente da Mancomunidade de Comunidades de Montes de Pontevedra.
Evento celebrado con éxito. Se consiguió llegar al quórum mínimo de espectadores y el evento se confirmó y se celebró. ¿Cómo funciona?
-
Fueron
88
Actualizaciones
-
Trespés:
Só fican 22 reservas para confirmar e temos 11 horas para poder reservar. Axuden na difusión, canta máis mellor. -
-