
Sala 1 (170 butacas)
Avenida del Alférez Provisional, 3 (C.C. Cantones Village) — 15006 A Coruña — 981 224 442
Ver mapa Aléia presenta:
Alexandre Mourot, o director deste filme, descubriu o mundo Montessori ao convertirse en pai. Despois de moito estudo e documentación, visitou varias escolas Montessori de Francia e decidiu rodar este documental que amosa o día a día nunha aula Montessori. Nela, as crianzas teñen total libertade para moverse e escoller o que queren facer, traballando de forma individual ou en grupos. O especial desta pedagoxía é que o mestre ocupa un lugar moi discreto, simplemente actúa de acompañante ou asistente, propiciando un ambiente calmo no que se promove a autonomía e a autoestima. Mentres unha crianza fai divisións, outra dorme, outra le, outras fan pan... María Montessori, a través das súas observacións científicas, descubriu que respetando a personalidade de cada persoíña e ofrecéndolle un lugar no que poder desenvolver os seus intereses e capacidades, conseguiría exteriorizar a súa criatividade e formar unhas bases sólidas para vivir con confianza e entusiasmo a súa vida.
Evento celebrado con éxito. Se consiguió llegar al quórum mínimo de espectadores y el evento se confirmó y se celebró. ¿Cómo funciona?
-
Se necesitaban
60 -
Fueron
106