
Sala 2 (135 butacas)
Travesía Moreno, 3 — 15403 Ferrol (A Coruña) — 619 31 87 27
Ver mapa Encallados presenta:
Por fin chega a Ferrol ENCALLADOS, a película na que Alfonso Zarauza ("Os Fenómenos) se enfronta, xunto a dous amigos guionistas, ao reto de escribir un filme de encarga sobre a catástrofe do Prestige. O resultado é moi distinto ao que lles foi encomendado, e ENCALLADOS acaba sendo unha comedia en branco e negro, rodada en 16mm en Santiago de Compostela, sobre a imposibilidade de facer un filme sobre o Prestige. Unha mirada honesta sobre a nosa realidade e sobre o sector audiovisual en Galicia, chea de autocrítica, melancolía e humor. Interpretada por Xúlio Abonjo, Ricardo de Barreiro e Federico Pérez. ENCALLADOS recala en Ferrol na súa exitosa xira por toda Galicia, e tras conseguir encher varias salas con Screenly en Vigo e en Barcelona. Presentará a película Alfonso Zarauza, disposto a conversar co público despois da proxección. Agardámoste nesta ocasión única. Lembra que precisamos 60 persoas para confirmar o evento. Reserva as túas entradas antes do día 22. Agardámoste nos Dúplex!
Extras a la proyección:
-
Coloquio con Alfonso Zarauza, director de la película.
Evento celebrado con éxito. Se consiguió llegar al quórum mínimo de espectadores y el evento se confirmó y se celebró. ¿Cómo funciona?
-
Fueron
100
Actualizaciones
-
-
Encallados:
Precisamos un empurrón para conseguir o quórum. Vamos!!! -